Marisa
Xa estamos a piques de comezar as vacacións e con elas o tempo no que podemos gozar máis da lectura, de retomar ese libro que quedou pendente por falta de tempo e que está a agardarnos. Na praia, no momento da sesta, ao deitarse, ese día que chove... calquera momento é bo para ler e así mergullarse de cabeza nunha gran aventura, nunha historia de amor, resolver un caso misterioso...

Dende aquí queremos facervos as suxestións dunhas novelas que seguro que vos farán pasar moi bos momentos. Para saber de que vai cada unha e quen é o autor, só tedes que premer no título.


Marisa
Fai o seguinte cuestionario e comproba o que sabes dos últimos temas que estivemos a dar. Lembra que antes debes repasar o vocabulario e a teoría.



Marisa
Verbos e máis verbos, e polo medio algún que outro adverbio.
Repite a actividade moitas veces, comproba no que fallas e repasa aqueles aspectos nos que ti ves que tes máis dificultade. Ánimo! verás como só é cuestión de botarlle ganas.

Marisa
Presentación sobre o xénero teatral, para que poidades estudar máis facilmente o último tema de  literatura que entra no exame.
Marisa
 Actividades para repasar os verbos. Le con  atención os enunciados e contesta coidando a ortografía.

Marisa
Para conmemorar a semana das Letras Galegas, presentámosvos esta Caza do tesouro,  actividade que vos achegará aínda máis á figura de Lois Pereiro. Para realizala podédesvos valer das webs que se vos propoñen na mesma páxina, ou doutras das innumerables que están a aparecer nestas datas. Entra con ganas e...  mans á obra!

Marisa
Este ano dedícaselle a Lois Pereiro o Día das Letras Galegas. Dende aquí propoñémosche esta lectura para asomarte un pouquiño a súa vida e poesía.

Marisa
Comproba o que sabes do tema contestando ás preguntas do seguinte cuestionario.

Marisa
Actividades para repasar o vocabulario do tema 9. Lembra que para visualizar a pantalla completa debes premer na icona que aparece na parte superior dereita.

Marisa
Para afacernos a definir e lembrar cousas que demos, nas clases tamén fixemos os nosos pasapalabras. Os que veñen a continuación son unha pequena mostra. Anímaste a contestalos?



Marisa
 Despois de ler os textos, así os imaxinamos 

Marisa
Fai as actividades seguintes para repasar o vocabulario do tema 8 "A forma de ser" e as palabras homófonas

Marisa
Descrición de persoas
Escolle unha das seguintes fotografías e fai unha descrición do personaxe. Podes axudarte dos adxectivos que aparecen na presentación da descrición.


Marisa
Actividade: A descrición de espazos.
A descrición



Fíxate no cadro que aparece na segunda diapositiva da presentación anterior. Titúlase "O cuarto" e está pintado por Vicent Van Gogh (1853-1890). É unha das súas pinturas máis coñecidas e representa o seu dormitorio en Arlés, o primeiro cuarto propio que tiña. Pintouno antes da chegada a esa cidade de Gauguin, outro gran pintor amigo seu.
Fíxate nas pautas que debes seguir para a descrición de lugares, que aparecen nesa mesma diapositiva,  e elabora un texto descritivo sobre ese cadro, que deberás entregar mañá. (Se queres velo a maior tamaño, preme primeiro en menú e logo en View Fullscreen)
Marisa
Actividades para repasar determinantes e pronomes, especialmente pronomes persoais.